novatada

Broma pesada que se fai aos novatos

Etimoloxía

Vocábulo que se crea por derivación sobre a palabra “novato” que vén do latín novatus, -us que significa ‘mudanza’ ou ‘renovación’.

Exemplos *

“De feito, o único desagradable ao inicio da miña vida laboral foron as novatadas e bromas que os outros empregados me gastaban e nas que, dada a candidez e inxenuidade dos meus dezaoito anos, lles resultaba moi doado envolverme.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / Equilibrio de forzas, 2010)

“Era o máis difícil e constituía o esencial do oficio de zapateiro profesional. Durante todas estas fases o aprendiz ía asimilando as diferentes técnicas de traballo nun contexto carente de tensións, entre "novatadas ", bromas e conversas co mestre e demais operarios ou visitantes do taller.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Colectivos artesanos. Para unha etnografía dos portadores tradicionais, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.