novato, -a

Que non ten experiencia nunha materia ou oficio

Etimoloxía

Palabra que se crea sobre “novo” e esta sobre a latina novus con significado semellante.

Exemplos *

“E aquilo acaba sendo un traballo de novatos con contratos lixo, obrigados ó labor case heroico de poñeren a cara polo medo a quedar na rúa.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)

“Mesmo para ela fora sorprendente un nivel tan elevado de confianza na súa capacidade , sendo como quen di unha novata.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.