novel

Que está no inicio da súa carreira profesional ou que realiza as primeiras experiencias nunha actividade

Etimoloxía

Palabra que adaptamos do catalán novell de significado semellante.

Exemplos *

“O galardón é o mellor que pode haber para unha escritora novel. Se tivese contía económica agradeceríase pero nada se pode comparar a publicar nunha editorial como Espiral Maior.” (Vanesa Oliveira: Galicia Hoxe, 03-11-2010)

“Deus guíe na súa longa e incerta viaxe a ese feixe de bravos veteranos e de mariños noveis que van reñer combate rudo cos rigores do mar.” (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.