novela

Obra de ficción en prosa, de certa extensión, na que se presentan uns personaxes nun medio e se dan a coñecer as súas aventuras, psicoloxía etc.

Etimoloxía

Termo que nos prestou o italiano novella 'noticia', 'relato novelesco'.

Exemplos *

“Precisamente sobre o primeiro amor nos anos últimos da adolescencia fala unha das miñas novelas frustradas. Digo frustrada xa sen compaixón nin esperanza de que non o sexa porque agora sei que nunca rematarei ese libro e algúns outros que abandonei algunha vez coa falsa intención de recuperalos noutro tempo.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)

“A luz de Santos entraba por dous fermosos ollos de boi que iluminaban un despacho formado por un escritorio forrado de madeira lacada e un estante con cartas e libros técnicos, ademais dalgunha que outra novela de Estefanía.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.