Conxunto de rezos ou súplicas por un defunto, que se realizan durante nove días despois da morte.
Etimoloxía
Formouse a partir do numeral nove, tomado do latín novem.
Exemplos *
"No seu libro 'Cousas' o xenial Castelao deixounos un relato exemplar e patético do que eran aqueles novenarios de antano en honra das almiñas do purgatorio." (Manuel María: O Correo Galego 07-11-2000)
"Dediqueime a comparar as fazañas do tío Henrique no deserto cos traballos do padre Damián, que eu coñecía a través dun novenario para pedir a súa pronta beatificación …" (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.