Produtos novos dunha actividade ou dun determinado eido
Etimoloxía
Palabra que se orixina na latina novitate de significado semellante.
Exemplos *
“Cando se fixo co negocio, introduciu algunhas pequenas novidades coma unha vitrina con produtos de cosmética.” (Paco Carro:Tempo ordinario (Historias de Compostela) / O licenciado, 2014)
“Xunto coa do verán, son as datas en que nos xornais e revistas aparece a clásica reportaxe sobre as novidades infantís.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.