noz

nozFroito da nogueira, que consta dunha parte carnosa e comestible, a semente, e dunha casca leñosa e dura dividida en dúas metades.

Etimoloxía

En latín a forma nux, -cis utilizábase para calquera froito de casca dura.

Exemplos *

“Covarrubias define no seu dicionario o turrón como: « Certa lambetada feita con améndoas, abelás, noces e piñóns torrados e mesturados con mel.»” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

“… baixaban mulleres, homes, cestas de queixos, de ovos, galiñas, coellos, repolos, coles, noces, manteiga, cebolas, allos… e un labrego co saco ao lombo …” (Xosé Vázquez Pintor: A tribo sabe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.