nubeiro

Espírito maligno que, segundo a crenza popular, trae as tempestades.

Etimoloxía

Termo patrimonial que se crea tomando como base o substantivo nube (do latín nubes, –is co mesmo significado) ao que se lle engade o sufixo –eiro.

Exemplos *

"Lendas, sostiña, coma a da Santa Compaña, coma os nubeiros, coma as meigas e meigallos, coma o mal de ollo" (Camilo Gonsar: Desfeita)

"Outra posibilidade é a que dá por certo que o status de nubeiro é privilexiado e que supón unha especie de prerrogativa na execución do mal." (Vitor Vaqueiro: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.