nuncio

Representante diplomático do papa.

Etimoloxía

Vén da voz latina nuntio 'emisario, mensaxeiro'.

Exemplos *

"… o papa Pelaxio II, atendendo á experiencia política que posúe, noméao nuncio en Constantinopla, onde durante seis anos exerceu esta embaixada sen a penas meterse noutros asuntos que os de ler e estudar as escrituras …" (Francisco A. Vidal: A Nosa Terra 2002-09-05)

"¿Como se ía pensar que a organización da Igrexa universal, a curia romana con cardeais e nuncios, o Papa, non era o que Cristo quería e o Espírito elixira positivamente?" (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.