nutriente

Substancia necesaria para o metabolismo dos seres vivos, que se atopa no solo, na auga e nos alimentos.

Etimoloxía

Chegou do latín nutriens, -entis, participio do verbo nutrire ‘alimentar’.

Exemplos *

“… para recuperar a un neno con desnutrición severa, o primeiro que hai que conseguir é que a auga volva estar no seu organismo, de maneira que poida absorber os nutrientes dos alimentos.” (Galicia Hoxe 15-03-2007)

“O corazón […] traballa bombeando sangue a todos os tecidos; desta maneira, arterias, veas e capilares distribúen osíxeno, nutrientes e outros elementos a todas as células do corpo.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.