poético, -a

Relativo ou pertencente á poesía / Que ten poesía ou que inspira ou pode inspirar poesía

Etimoloxía

Palabra que vén da grega poietikós ‘propio da poesía’ , pero que entra no idioma desde o latín poeticus, -a, -um.

Exemplos *

“Non desexaba ser lida / nin tan sequera como Baudelaire propuña / coma un clásico /

as criaturas poéticas da alma / a escrita / o crime / igual que un rostro gravado no azougue é corrupto / así o poema testemuña a ruína das palabras” (Chus Pato: Nínive, 1996)

“Persoalmente, nunca na miña vida vin un home tan fascinante como Lois, no que a exaltación poética e os momentos máis prosaicos se unen en igual proporción.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.