cabalo

Peza do xadrez que ten a figura dun cabalo

Etimoloxía

Termo recollido do latín caballus que en Roma designaba ao ‘cabalo de carga ou de traballo’ fronte a equus ‘cabalo’.

Exemplos *

“A catro casiñas de distancia, seguindo o movemento dun cabalo de xadrez, moraba Marinita.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Libelo en honra de Galiza. Passionato con fuoco, 2011)

“O que hai que comprobar é se un cabalo de xadrez, partindo dunha cuadrícula calquera do taboleiro, pode percorrelas todas e volver á casa da que partiu sen repetir nunca cuadrícula.” (Rubén Ruibal: Limpeza de sangue. O sangue fai ruído, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.