caldeirón

Signo que, colocado sobre unha figura que denota nota ou pausa, indica que esta se pode executar libremente

Etimoloxía

Vocábulo resultado do aumentativo de “caldeira” que vén do latín caldaria que significa ‘terma’.

Exemplos *

“A verde paisaxe enfesta / é caldeirón, sinalado / no pentagrama das serras.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)

“A clave de Sol, a raíña de todas as variantes tonais. Os silencios, sagrados. O picado, o caldeirón, o becuadro e o bemol. O ritmo do compás... O seu universo.” (María Canosa: Cando cae a luz / Balada, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.