caqui

Froito da árbore do caqui

Etimoloxía

Adaptación da palabra xaponesa kaki con significado semellante.

Exemplos *

“O caqui é a froita dunha árbore chamada caqui ou pao santo orixinaria do Xapón e da China, do que se cultivan diversas variedades en Europa e en América do Sur.” (C. Charamuscas: O Correo Galego, 31-10-2001)

“Aínda que poida parecer ata certo punto unha frivolidade facer referencia a unhas especies que en Galicia presentan certo cariz exótico, considero que non é así. Obtéñense caquis aptos para o consumo en parcelas das provincias da Coruña e Pontevedra, especialmente nesta última.” (Juan Luís Camacho: Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.