dereito

Conxunto de leis que regulan as relacións entre os membros dunha sociedade ou dun país

Etimoloxía

Vocábulo que chega do latín directus ‘recto', 'que segue regras ou ordes preestablecidas’.

Exemplos *

“A nova Lei de dereito civil galega, deste ano 2007, elaborada por 25 notarios, supón a modernización do dereito civil galego adaptado ás necesidades reais da cidadanía.” (María Xosé Queizán: Anti Natura, 2008)

“Terminara a carreira, e aínda que a súa especialidade era o dereito mercantil, comezara a dar os seus primeiros pasos en preitos sobre propiedade nun bufete prestixioso de Madrid.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.