diálogo

Conxunto de palabras que intercambian os personaxes dunha obra de teatro, de cine ou dunha novela

Etimoloxía

Aínda que nos chegou a través da forma latina dialogus, -i, procede do grego, onde se formou a partir de logos 'palabra'.

Exemplos *

“A ficción documental ábrese de xeito enigmático: unha falsa conversa, que é máis un recitado moi próximo aos diálogos do teatro do absurdo (á espera con desespero de Godot), de dúas mulleres no medio dun bosque.” (J. Carou: Sermos Galiza,  30-11-2012)

“Un guión con algúns diálogos definidos e outros suxeridos na descrición das accións. Con algúns tipos claramente encadrables no ámbito da commedia e outros máis definibles como personaxes dos chamados 'de carácter'.” (Ollomoltranvía: Commedia. Un xoguete para Goldoni, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.