epílogo

Suceso que ocorre despois doutro, dándolle un final

Etimoloxía

Palabra culta que nos chega desde o latín epilogus, pero que bebe no grego epílogos ‘conclusión’.

Exemplos *

“Xa nos epílogos da guerra, o armador coruñés de orixe castelá teimaba en proseguir coa lucrativa práctica corsarista, pero facíao máis que nada por servir a patria e o seu rei: pura filantropía patriótica, non nos cabe a menor dúbida...” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“As Actas do I Congreso Internacional sobre Valle-Inclán baixo o slogan Valle-Inclán, epílogo dunha época, precursor de novas estéticas” (Avelino Abuín  de Tembra: Galicia Hoxe, 27-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.