Home que galantea ou que lle fai as beiras a unha muller / Home aposto e atractivo
Etimoloxía
Termo que bebe do equivalente francés galant.
Exemplos *
“O pandeiro toca ben / porque as ferriñas son novas; / o galán que anda no baille /repica nas castañolas.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
“Miña nai, o pote ferve, / a vosa filla non ven: / ela como é bonitiña / algún galán a detén.” (Luis Tobío Campos: Colección de Cantigas da Mahía, 1985)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


