gromo

Aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar

Etimoloxía

Considérase que procede do latín grumus –i ‘monte de terra'.

Exemplos *

“O xefe do servicio, José Antonio Tasende, informou onte que o gromo de meninxite estaba controlado, pois desde había 78 horas non se rexistraran máis casos.” (Redacción: O Correo Galego, 10-2-1995)

“As autoridades negaron que haxa unha emerxencia sanitaria aínda que, para evitar o gromo de enfermidades epidémicas, están a ser instalados todos os sistemas de vixilancia epidemiolóxica.” (E.P.: Galicia Hoxe, 12-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.