novelista

Persoa que escribe novelas

Etimoloxía

Voz derivada sobre o vocábulo “novela” que vén do italiano novella ‘relato novelesco’.

Exemplos *

“Mais un día que agardaba calado e latexante o xuízo do gran novelista, palideceu de felicidade porque, por primeira vez, os beizos do mestre sorriron para dicir «ben».” (Rafael Dieste: Antre a terra e o ceo, 1926)

“Cando o arranque tecnolóxico foi collendo forza, os novelistas que imaxinaban o futuro construían escenarios onde os humanos migraban polo espazo para conquistar outros planetas, como facían os navegantes ata o século XIX, á procura de lugares que descubrir e colonizar.” (Enrique Sáez Ponte: A liberdade no século XXI, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.