paseo

Lugar por onde se adoita pasear

Etimoloxía

Vocábulo que procede “pasear” que, á súa vez, se forma sobre “paso” que vén do latín passus ‘paso’.

Exemplos *

“POLO PASEO ARRIBA MERGULLEIME naquilo que non / era meu / que me era de xeito / que os vidros subían o ton” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)

“Sempre elixe para aloxarse o hotel Continental, hoxe desaparecido situado no paseo das Avenidas, fronte a onde hoxe se sitúa o Real Club Náutico. Cando chega, pasa a noite e sae en tren ao día seguinte cara a Madrid, a aloxarse, facer vida social e conspirar ao seu xeito no hotel Ritz.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.