político, -a

Que se dedica aos asuntos de goberno ou se interesa por eles

Etimoloxía

Voz que bebe do equivalente do latín politĭcus, e este do grego politikós ‘relativo ao goberno ou ao Estado’.

Exemplos *

“Durante varios anos pasou as vacacións nun chalé de Estribela, situado a carón da ría, entre Pontevedra e Marín, a moi curtiña distancia do palacete que tiña en Lourizán o político compostelán Eugenio Montero Ríos.” (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe, 12-2-2005)

“Pero eu digo que os políticos que se lembraron do noso Estatuto e quixeron inutilizalo, non obraban inconscientemente: obraban en virtude dos principios que querían impor a toda España despois do trunfo.” (Daniel Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza, 1944)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.