recoñecemento

Acción e efecto de agradecer algo

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “recoñecer” que procede recognoscere ‘recoñecer’, ‘examinar’, ‘verificar'.

Exemplos *

“Son moitas e moitos os continuadores do seu enorme traballo colectivo, nomeadamente a asociación de crentes galegos Irimia a quen desde A Mesa pola Normalización Lingüística enviamos un saúdo fraternal e o noso recoñecemento polo seu traballo.” (AA.VV.: Sermos Galiza, 3-12-2015)

“a petición presentada en Madrid en 1642 pola Xunta do Reino da declaración de fidalguía universal en favor dos naturais de Galicia como recoñecemento pola súa fidelidade e os servizos prestados á coroa.” (Ofelia Rey Castelao: Historia das historias de Galicia, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.