romanticismo

Movemento literario e artístico que se desenvolveu en moitos países europeos, fundamentalmente durante a primeira metade do século XIX, caracterizado polo gusto da liberdade e do individual e polo predominio do sentimento e do soño sobre a razón, opoñéndose así aos que exaltaban a época clásica.

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre a base “romántico” que bebe do francés romantique ao que se lle engade o sufixo –ismo co que se designa movementos sociais, políticos ou literarios.

Exemplos *

“A Alemaña que perdura na súa memoria ficou recluída nos museos. Non esquece Risco que foi o romanticismo alemán o que iniciou o amor e o estudio polo mundo oriental.” (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001)

"Trátase do meu proxecto más recente no que divido os poemas en catro momentos, o romanticismo, o exilio, a poesía social e realista e o alófono. Hai temas de Pondal, Rosalía, Curros, Manuel María." (Albino Mallo: O Correo Galego, 15-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.