soño

Aquilo ao que un aspira ou que un desexa moito

Etimoloxía

Palabra que procede do latín somnus cun significado semellante.

Exemplos *

“Viña de ser un estudante moi brillante, (...)_ e chego a Santiago cunha pequena frustración, porque eu tiña o soño de estudar en Escocia ou en Barcelona, na Universidade de Bellaterra, con Arturo.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“Once anos tardamos en ver realizados os nosos soños. Oxalá os nosos veciños de Ponteceso, Vimianzo e Corcubión poidan ver os seus feitos realidade no mesmo tempo que levou construír o tramo de ferrocarril desde A Coruña ata Carballo: des que botou a andar o ano 1908 ata este 21 de xuño de 1915.” (Farruco Graña: Contos de taberna /Estación de Progreso, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.