Que tira a verde
Etimoloxía
Termo que se forma a partir de “verde” que bebe no latín viridis ‘verde’, ‘fresco’.
Exemplos *
“Xoán fitou arredor e recoñeceu o espazo. Estaban detrás dunha follaxe verdeal que os separaba do terreo achanzado onde se celebraba a verbena.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)
“Nun momento, todas as olladas converxeron sobre a nosa mesa, tamén a de Raquel. Tentei mirala, á miña vez, nos ollos dela: verdeais, tan docemente miopes e coquetos, sempre a agachar os lentes...” (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.