oasis

Lugar con auga e vexetación no medio dun deserto

Etimoloxía

Préstamo tomado do francés oasis, este tómao do grego óasis, que bebe do exipcio wahe 'rexión dos oasis'.

Exemplos *

“Un equipo arqueolóxico grego chegou a Exipto para investigar o suposto achado da tumba de Alexandro Magno (323 a.C.). A especialista grega Liana Suvalis descubriu hai unhas semanas unhas taboiñas no oasis de Siwa, preto da fronteira con Libia, que aparentemente proban a existencia da tumba naquel lugar.” (Axencia: O Correo Galego, 6-5-1995)

“Nos arredores da cidade hai grandes horrea onde almacenan os produtos. (...) Nos horrea acumulan de todo: o trigo que chega de Exipto, o aceite da Hispania, a carne, as madeiras e a la das Galias, as salgaduras da Bética, dátiles dos oasis, mármores de Toscana, Grecia e Numidia,...” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.