obra

Edificio en construción.

Etimoloxía

Evolucionou desde o latín opera –ae ‘traballo manual’.

Exemplos *

“Un obreiro que traballa nas obras de construción do túnel que se constrúe na zona Sur da liña da AVE entre Vilagarcía e Portas resultou ferido de consideración onte ó mediodía ó sufrir o golpe dun guindastre.” (Galicia Hoxe 23-02-2005)

“... había traballo na aldea, aínda que rudimentario e pobremente remunerado, miña nai conseguiu que meu irmán entrase a traballar nas obras.” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.