obsequiar

Ofrecer a alguén regalos ou atencións

Etimoloxía

Vocábulo derivado formado sobre “obsequio”, palabra que chega desde o latín obsequium con significado semellante.

Exemplos *

“Querémoste obsequiar con este agasalliño, dixo a directora entregándolle unha bulsa de plástico con publicidade de A Libraría.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

“Son humilde e non vos podo obsequiar con presentes magníficos, pero de hoxendiante, as mellores acelgas de Verona ferverán nas potas da cociña desta casa.” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.