Lugar desde onde se observa algo, en particular o destinado á observación dos fenómenos de astronomía e meteoroloxía.
Etimoloxía
Remite a unha forma do verbo latino observare, de significado semellante ao noso.
Exemplos *
"Naquel encontro inicial coñecín as forzas vivas: o médico, o secretario do concello, o mestre -que facía tamén de farmacéutico-, o veterinario e o xefe do destacamento de Aviación que tiña alí un observatorio meteorolóxico." (Xosé Avilares: Memorial de agravios)
"Os medidores do Observatorio rexistraron 51 litros nunha nova xornada de rúas cortadas, locais e garaxes inundados e depresións por falta de luz solar." (O Correo Galego 07-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.