océano

Masa de auga salgada que cobre aproximadamente as tres cuartas partes da superficie total da Terra e que convencionalmente se divide en cinco partes

Etimoloxía

Palabra que collemos do latín oceanus pero que vén do nome do mito grego Okeanós, un dos doce titáns, fillo de Urano e Gaia.

Exemplos *

“Praias e océanos contaminados. Contaminamos a auga ou a praia ao tirar residuos nelas. Ao facelo, poñemos en perigo os animais e as plantas.” (Jean-Michel Billioud: O meu mundo. Coida o teu planeta [tradución: Isabel Soto], 2007)

“Sen océano, non hai vida. Non hai azul, nin verde. Sen océano, nós non existiriamos.” [cita traducida de Sylvia Alice Earle] (María A. Lorenzo Rial, María M. Álvarez Lires e F. Xabier Álvarez Lires : Investigadoras mariñas saíndo da sombra, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.