oceanografía

Ciencia que ten por obxecto o estudo e descrición das características físicas, químicas, biolóxicas e xeolóxicas dos mares e dos océanos

Etimoloxía

Palabra composta polo substantivo océano que procede do latín oceanus co mesmo significado e a terminación –grafía ‘descrición’.

Exemplos *

“O profesor salienta como un dos grandes froitos investigadores os avances en oceanografía operacional, que permitirán facer predicións sobre a dirección das manchas de fuel.” (R. Castro: Sermos Galiza, 28-9-2012)

“Estas características xeomorfolóxicas , xunto a súa situación latitudinal e peculiar oceanografía, cunha riqueza biolóxica das máis altas do mundo, fan de Galicia un dos lugares con maior produtividade pesqueira.” (Juan Ignacio Díaz d’a Silva e Yosy Cartelle: Guía dos mamíferos de Galicia, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.