oceanógrafo, -a

Especialista en oceanografía

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base “océano” proveniente do latín Oceanus que era o termo que designaba ‘o océano Atlántico’ e que remite ao grego Okeanós ‘titán do mar, fillo de Urano e Xea’.

Exemplos *

“Así que vaiamos ós feitos e digamos que [Ángeles Alvariño] foi unha oceanógrafa,profesora e mesmo escritora que deixou fonda pegada polos seus traballos. Nada en Serantes (Ferrol) en 1916, xa desde cativa tiña inquietudes intelectuais.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2013)

“O xoves será o oceanógrafo Emilio Marañón o encargado de comentar a proxección deste día e, xa o venres, estará presente o propio J.J. Candán, autor de O Bosque encantado.” (Digna Besadío: Diario da Universidade de Vigo, 20-11-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.