Persoa, dito oportuno, gracioso, enxeños
Etimoloxía
Vocábulo que bebe no verbo “ocorrer” que procede do latín occurrĕre ‘saír ao encontro’.
Exemplos *
“O duro momento acababa nunha festa porque, "Cambados", sempre tiña frases ocorrentes e anécdotas coas que se rían do mundo ambos os dous.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Sempre cunha palabra amable na boca! Sempre cun sorriso co que alegrarche o día! Sempre atenta, ocorrente, cariñosa!” (Antía Yáñez: Senlleiras, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.