Médico, -a especialista en enfermidades dos ollos
Etimoloxía
Termo derivado que se forma sobre a palabra latina oculus que significa ‘ollo’ ao que se lle engada o sufixo –ista ‘persoa que ten unha determinada ocupación’.
Exemplos *
“Hoxe volvo pola tarde para facerlle a quenda a un compañeiro que pediu para ir ao oculista e ábroche eu para que vexas arriba todo o que precises.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
“O oculista déralle unha bolsa de caramelos e un papel para que lle fixeran unhas lentes moi bonitas.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.