Acción e efecto de ocultar ou ocultarse
Etimoloxía
Voz tomada do latín occultatio, -ōnis de significado semellante.
Exemplos *
“A anterior eclipse total que se viu na Galiza aconteceu o 17 de abril de 1912, (...), mais o número de persoas que a experimentou foi ben limitado: a faixa de totalidade era extremadamente estreita e a ocultación completa durou unha fracción de segundo.” (Martin Pawley: Nós Diario, 29-7-2026)
“Desta volta, desde Galicia imos ter entre un 30 e un 40% de ocultación solar, o lugar de maior ocultación de toda Europa. Cando máis ao oeste máis ocultación.” (Dosi Veiga: Eclipse de Lúa, eclipse de Sol, 21-3-2025 en https://ceosgalegos.com/2025/03/21/eclipse-de-lua-eclipse-de-sol/) [visto: 4-8-2026]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


