ocupación

Acción e efecto de apoderarse dun lugar

Etimoloxía

Palabra que chega ao idioma desde o equivalente latino occupatio ‘acción de ocupar’.

Exemplos *

“En efecto, grazas á conquista e ao proceso de sedentarización e cambio de modelo de ocupación do territorio, iniciado por Augusto e que obrigaría os montañeses a baixar as súas aldeas ás chairas e abandonar os asentamentos nas alturas.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia, 2012)

“Un centenar de mulleres palestinas manifestouse onte fronte ao posto de control militar de Kalandia (nos arredores de Ramala) para facer visible a súa dobre loita: contra o machismo no seo da súa sociedade e contra a ocupación israelí.” (Patricia Rodríguez: Galicia Hoxe, 9-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.