odisea

Viaxe rica en aventuras, traballos, penalidades etc.

Etimoloxía

Nome que procede do grego odusseía que bebe do nome propio Odusseús, en latín equivale a Ulises, a odisea é a narración das aventuras deste.

Exemplos *

“Hervé Joncour, comprador e vendedor de vermes de seda, que emprende unha viaxe cíclica, catro odiseas en realidade, ó Xapón, á fin do mundo do mundo 'civilizado'.” (Francisco Pérez Lorenzo: O Correo Galego, 9-11-2000)

“Podemos imaxinar as bágoas de felicidade que verterían os 18 superviventes daquela odisea de tres anos menos 14 días, tras dar a volta á terra, percorrendo 14.460 leguas.” (Fernando Garea: Galicia Hoxe, 6-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.