odre

Recipiente feito coa pel dun animal, xeralmente dunha cabra, que serve para conter líquidos

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latino uter, utris ‘pelello para líquidos’.

Exemplos *

“...apañaron o odre para o leite e os cabazos para a auga; prepararon as esteiras de sentar e durmir, e tamén o bo cobertor das viaxes.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

“As ordes do capitán e do armador eran precisas: só encher de auga fresca os odres que levabamos connosco e mercarlles ós nativos canto alimento duradeiro puidesen vendernos; (...) e tratar de volver axiña para non demorar a partida.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.