oferta

Prezo rebaixado dun produto que está á venda

Etimoloxía

Chega do latín medieval offerta, -ae ‘oferta a Deus’, que deriva do verbo offerire ‘ofrecer’.

Exemplos *

“Aprendeu moi novo a escatimar nas cantidades, alterar os cálculos da báscula, variar as datas de caducidade, promover ofertas enganosas...” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos, 2011)

“Saíu ó pé da taberna, unha porta, a do bar, entreaberta, e outra, a do antigo ultramarinos, pechada e tapizada por carteis de ofertas caducadas.” (Xesús Fraga: Tute para catro, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.