oficina

Lugar xeralmente aberto ao público, onde se realizan os traballos de administración e burocracia dunha empresa ou institución.

Etimoloxía

Procede do latín officina –ae e na súa base están as formas opus ‘traballo’ e facere ‘facer’.

Exemplos *

“... o traballo aquí é outra cousa, todo o día respirando aire fresco, non sentado todo o día nunha mesa, traballando todo o día nunha oficina balorenta ...” (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)

“... veu vivir á casa, aínda que pouco podía axudar no traballo, porque el xa estaba afeito a unha vida distinta e ao traballo de oficina.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.