ogro

Xigante imaxinario do que se di que come nenos, para meterlles medo

Etimoloxía

Palabra que adaptamos da francesa ogre de significado semellante que remite á latina orcu ‘inferno’.

Exemplos *

“De alí partían tres camiños, (...), e Lino non sabía cal seguir. Un levaba a Ferreira e era o máis tentador, aínda que probablemente fose unha trampa mortal pois sabíao dificultoso e lento. O outro, seguramente, cruzaba as montañas e perdíase nos antigos reinos desaparecidos, e malditos agora, na terra dos ogros e dos homes salvaxes.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

“Durante moitos anos un ogro aterrorizou os habitantes daquel pacífico reino. Ata que o seu soberano, farto dunha situación que se volvera insostible, anunciou que daría en matrimonio a súa única filla ao valente capaz de rematar con aquela ameaza.” (Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café / E agora que?, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.