Sentido polo que percibimos os sons.
Etimoloxía
Deriva do verbo latino audire, 'oír'.
Exemplos *
"Iso explicaba que nada escapara nunca ao seu oído de felino." (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)
"Perante este novo fracaso o astrónomo decidiu utilizar o sentido do oído." (Antón Cortizas: Leonel)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.