Persoa que oe, que escoita algo concreto.
Etimoloxía
Esta palabra fórmase a partir do participio presente do verbo oír.
Exemplos *
"Comezaba a audición cunha música de gaitas, para que a esa hora os oíntes puidesen atopar a sintonía facilmente no receptor, e eu poñía a voz para a apertura e a despedida." (Cristina Samuelle: Conversas con Manuel Meilan)
"Coñecendo permanentemente temas do seu interese ou as súas preocupacións, e levando problemas e persoas á emisora, estarase conseguindo a identificación dos oíntes coa radio." (Henrique Sanfiz Raposo: Pública e Local. Radio municipal en Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.