ola

Exclamación que se emprega para saudar

Etimoloxía

Trátase dunha creación expresiva.

Exemplos *

“Ai... ola, son Blue, presentáronnos cando viñeches. A do pelo azul —engadiu rindo—. Que tal?” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

“Saudou —"ola!"— ao veciño que nunca a saudaba, botoulle comida ao gato negro, conduciu discretamente co dorso do pé unha rata en putrefacción ata o xardinciño do portal e colgou a bolsa da compra no ombro espido.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.