olaría

Arte de fabricar olas ou outros obxectos de barro

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base a voz “ola” que procede da latina olla de significado semellante.

Exemplos *

“Bufóns e trobador@s encherán e animarán máis un ano as rúas da cidade entre tabernas e postos de artesanía. Recrearanse nas prazas os oficios tradicionais: ferraría, olaría, redaría, mais tamén tecelás e teceláns...” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 31-8-2012)

“É posible que esta cerámica de tradición castrexa fose asumindo elementos de influencia romana e, posteriormente, xermánica, para callar nas formas e tipos altomedievais, iniciando así o fío condutor, se ben non lineal, da cerámica e olaría populares da Galicia.” (Felipe Arias Vilas: A romanización de Galicia, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.