oleiro, -a

Persoa que fai olas e outros obxectos de barro ou que comercia con eles

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “ola” que vén do latín olla de significado semellante.

Exemplos *

“Luciano contou unha historia da olería, actividade que conforma cacharros de barro, e de paso ergueu a autoestima dos oleiros, nobre oficio deste país.” (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego, 19-5-2002)

“Indalecio preocupouse de lle transmiti-lo seu saber á súa filla, oleira e ceramista en activo, polo que a continuación na tradición parece asegura, alomenos por un tempo.” (Miguel Vila Pernas: Olería Tradicional en Galicia, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.