Celebración deportiva internacional que ten lugar cada catro anos nunha cidade distinta e na que participan deportistas, na súa maioría, non profesionais
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín olympias ‘período de catro anos’ pero vén do grego olumpiás con significado semellante.
Exemplos *
“...lánzase para atrás, ao mar de Marzo cheo de gasóleo, unha cravada perfecta coma nas olimpíadas _boa puntuación artística e técnica e fíxense, case non levantou auga e todo iso_ e comeza a nadar de costas cun estilo impecable, de campión.” (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior / O día do mutante, 1996)
“Con poucos apoios económicos conseguiron, nun equipo no que tamén participou a asturiana Ángela Pumariega, o premio máis grande nunhas olimpíadas.” (Antón Escuredo: Sermos Galiza, 17-8-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.