oliva

Froito da oliveira.

Etimoloxía

Procede do latín oliva, -ae, que designaba a árbore.

Exemplos *

"… admiraba a etiqueta que a nai arrincara da botella do aceite e na que aparecía o debuxo dun andaluz con chapeu espremendo olivas coa man." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte)

"Na bolsa tiña xa unhas bananas, olivas, latiñas de atún, media libra de azucre e unha barriña de pan." (Xurxo Borrazás: Contos malvados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.