De cor próxima á da oliva verde.
Etimoloxía
Deriva de oliva, que herdamos da forma idéntica do latín, que designaba tanto a árbore coma o froito.
Exemplos *
“… a súa pel, branca como unha antiga porcelana, tiña un matiz máis oliváceo do esperado.” (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
“A solla […] É de pequeno tamaño co corpo comprimido, oval ou elíptico, cos ollos no mesmo lado do costado e unha cor parda olivácea na cara superior.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.